Novidades


_PORQUE o Concello quere ofrecervos un sitio adaptado ás vosas demandas. Non quere un espazo cheo de cousas e baleiro de rapazada. Por eso as cousas e actividades ídelas a PROpoñer vós. Coas vosas PROpostas o Concello fará a primeira Casa da Xuventude da historia das Pontes.

_PORQUE nas Pontes xa existe un lugar que pode acoller un punto de encontro para a mocidade: a actual Casa da Enerxía. É dicir, o edificio xa existe, só hai que enchelo de contido. O que queirades claro, e adaptado aos gustos de cada un e cada unha.

_PORQUE a miúdo non se vos ten en conta no deseño das actividades que vos interesan, e por iso a Concellería de Xuventude do Concello das Pontes quere rachar con esa idea con RAPAZADA PRO, invitándovos a tod@s a participar na transformación e posta en marcha da Casa da Xuventude.

PROpón! o teu espazo Designed by Templateism | MyBloggerLab Copyright © 2014

Con tecnoloxía de Blogger.