Novidades


Rapazada PRO, a investigación que estamos a facer entre tod@s para o deseño e posta en marcha dun novo Espazo Xuvenil no concello das Pontes, segue a moi bo ritmo, sobre todo grazas a vós!

Xa temos analizadas algunhas das vosas ideas sobre os contidos e servizos que poderíamos ter nos espazos interiores e exteriores da actual Casa da Enerxía, e a próxima semana comezaremos coas Reunións PRO, xuntanzas nas que revisaremos o traballo feito e concretaremos as vosas propostas.

Pero antes, aquí vos deixamos o último cuestionario do que sacaremos máis información para deseñar un espazo por vós e para vós! Moit@s de vós xa o cubríchedes no voso instituto, pero se non é así, lembrade que Rapazada PRO é un proxecto de participación xuvenil, así que serán ben recibidas as ideas de tod@s @s que teñades entre 12 e 30 anos.


COMPARTE! 

E GRAZAS POR PARTICIPAR!

PROpón! o teu espazo Designed by Templateism | MyBloggerLab Copyright © 2014

Con tecnoloxía de Blogger.