Novidades

Fin das Reunións PRO


Xa demos por rematadas as Reunións PRO!!!

Nelas, arredor de 30 rapazas e rapaces axudáronnos a profundizar máis nas propostas para os contidos do futuro espazo xuvenil, planificando e deseñando os contidos, usos e servizos.

Despois de presentarlles a rasgos xerais qué é RapazadaPRO e o que levamos feito, tivemos un debate sobre se o espazo era o axeitado, tanto pola infraestrutura que ten como pola súa ubicación. A todas e todos lles pareceu o millor espazo público no concello para poder facer a casa xuvenil e, se ben ao comezo lles parecía que se encontraba algo lonxe, tod@s estaban de acordo en que realmente o teñen como moito a 10 minutos da casa.

A rapazada participante considerou que non existen nas Pontes suficientes espazos de encontro e participación para a xente da súa idade, polo que a idea de poder ter un espazo como a Casa da Enerxía para uso e desfrute deles gústalles.

Por outro lado, falamos das principais oportunidades e dificultades que detectamos na diagnose elaborada previamente, para que entre tod@s nos axudaran a validalas (ou non). Neste punto, atopámonos con que hai moitas máis oportunidades, e algúns puntos que consideramos nun comezo como unha dificultade poden chegar a ser unha oportunidade.

Finalmente, puxémonos máns a obra definindo os obxectivos da casa, os posibles servizos e programas e os espazos, equipamentos e actividades que pode ter.

Queremos agradecer a todas e todos os participantes a vosa participación! Todas as achegas que fixéchedes serán a referencia para facer as propostas :)

E para o resto...se queredes facer algunha proposta, aínda podedes! Xa sexan posibles servizos, actividades, etc., contactade connosco a través do correo rapazadapro@gmail.com, chamando ou "whatsappeándonos" ao 608 201 251, ou falándonos no noso perfil de Facebook (https://www.facebook.com/rapazadaPRO e Twitter (@rapazadaPRO).




PROpón! o teu espazo Designed by Templateism | MyBloggerLab Copyright © 2014

Con tecnoloxía de Blogger.