Novidades

Presentacións nos IES. E agora que?

Nas últimas datas presentámosvos en persoa este proceso participativo a máis de 400 rapaces e rapazas. Neste primeiro contacto puidemos resolver as vosas dúbidas, pero de seguro que aínda tedes máis. O seguinte paso con vós vai ser a convocatoria das "ReuniónsPRO".

Que son estas "ReuniónsPRO"?

Pois como vos comentamos, ademáis de poder enviar as vosas PROpostas vía Face, Twitter ou email (rapazadapro@gmail.com), vamos a organizar unhas reunións por temáticas e por idades. Nestas reunións, que se farán na Casa da Enerxía, poderedes ver o espazo, as cousas que hai e... comezar a PROpoñer a tope!

En abril lanzaremos as primeiras "ReuniónsPRO". Estade atentxs :)


PROpón! o teu espazo Designed by Templateism | MyBloggerLab Copyright © 2014

Con tecnoloxía de Blogger.